Buscar por autor:
Permite obter todas as cancións escritas por un autor determinado. A lista de autores está ordenada alfabéticamente segundo a estrutura Apelido(s), Nome. Por exemplo, a escolla María, Manuel na lista desplegable devolve todos os poemas de Manuel María musicados por Suso. As cancións de autor anónimo e de letra popular aparecen listadas como Anónimo e Popular, respectivamente.
Buscar por disco:
Permite obter todas as cancións incluídas nun disco determinado. A lista de discos está ordenada segundo o ano de edición (de menor a maior). Por exemplo, a escolla 1979 Limiar na lista desplegable devolve todas as cancións publicadas no disco Limiar.
Buscar por título:
Permite obter unha canción determinada a partir dunha lista ordenada alfabéticamente segundo o título da canción. No caso de que un mesmo título apareza publicado en máis dun disco, este último especifícase entre parénteses. Por exemplo, a escolla Amor apresurado (Regodobargo) na lista desplegable devolve a canción Amor apresurado editada no disco Regodobargo.
Buscar por palabra:
Permite obter todas as cancións que conteñan unha palabra determinada na letra. Por exemplo, inserindo a palabra galicia obteránse todas as cancións que conteñen a forma galicia nun ou máis versos. Ten en conta que o uso de maiúsculas non é distintivo: as buscas galicia e Galicia devolven o mesmo resultado. Evita o uso de espazos e/ou signos de puntuación.