Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Coplas do viño


INFORMACIÓN

Título:Coplas do viño
Disco:Coplas do viño (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Ai elelo, ai elelo,
ai elelo, ai elalo.

Déchesme un vaso de viño
en sinal de matrimonio.
O viño bebelo hei,
casar contigo non podo.

Este ano hai moito viño,
casamentos ha de haber.
Hase de casar a fame
coas ganas de comer.

Paxaro que vas voando,
a pruma che está caendo,
quen contigo come e bebe,
por detrás che está vendendo.

O crego que che casou
debías de estar borracho,
porque non che preguntou
si eras femia o eras macho.

O cura vendeu, vendeu,
non tiña máis que vender,
vendeu o libro da misa
borrachón para beber.

Para facer unha nova busca, preme aquí.