Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

O meu año


INFORMACIÓN

Título:O meu año
Disco:Primeiro cabodano (1979)
Letra:Manuel María
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Teño un año branco
como outro non hai.
¡Teño un año branco
que quedou sin nai!

Ven comigo ó prado
i ó monte tamén.
A onde quer que eu vaia
el comigo ven.

Sempre ven comigo
sin min non se afai.
¡Eu son seu amigo
que quedou sin nai!

El comigo brinca
i eu xogo con el.
¡Meu añiño branco,
meu amigo fiel!

El comigo xoga:
¡moi mansiño é!
E sei o que fala
cando dice: ¡meée!

Tamén aparece en:

Os soños na gaiola

Para facer unha nova busca, preme aquí.