Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Un meniño naceu hoxe


INFORMACIÓN

Título:Un meniño naceu hoxe
Disco:Na noiteboa co meu amigo (2001)
Letra:Miguel Martínez Chapela
Música:Miguel Martínez Chapela
Voz:Miguel Martínez Chapela

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Un Meniño moi riquiño naceu hoxe,
un Meniño moi riquiño o noso ben,
nun pesebre cheo de frío so e pobre
nunha noite de xiada en Belén.

Quen puidera estar ó lado do Meniño,
quen puidera darlle agarimo ó noso ben,
arrolalo e mimalo un pouquiño
e sentado á súa beiriña estar con él.

Que Meniño, tan riquiño
naceu hoxe nun portal de Belén,
imos todos a adoralo,
imos todos a adorar ó noso Deus.

A Virxen está sentada ó seu lado,
San Xosé non deixa de mirar pra él
e os anxeliños seguen entoando:
"Un Meniño naceu hoxe en Belén".

Que Meniño, tan riquiño
naceu hoxe nun portal de Belén,
imos todos a adoralo,
imos todos a adorar ó noso Deus.

Para facer unha nova busca, preme aquí.