Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Vai a meniña


INFORMACIÓN

Título:Vai a meniña
Disco:Cantarolas pra xente miúda (1986)
Letra:Xosé Neira Vilas
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Pola beira do río
vai a meniña,
ollando sobre a iauga
a súa cariña.

Leva un cesto pequecho
de moitos freques
pra coller margaridas
e chuchameles.

Pola beira do río
vai a meniña,
ollando sobre a iauga
a súa cariña.

Unha ran brincadeira
chouta na herba
e batuxa a ranfiña
diante da nena.

Pola beira do río
vai a meniña
ollando sobre a aiuga
a súa cariña.

Mentras o río longo
ruxe e cavila,
leda coma un parrulo
vai a meniña.

Para facer unha nova busca, preme aquí.