Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Viva Coruña


INFORMACIÓN

Título:Viva Coruña
Disco:As palabras dos galegos (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Si me deran a escollere
eu non sei que escollería:
mata-lo porco de noite,
mata-lo porco de día.

Ai lalelo, ai lalala.

Na beira do mar
haiche moito que ver,
baila miña Maruxa, si,
baila na punta do pé.
Baila na punta do pé,
baila na palma da man,
baila miña Maruxa, si,
baila si queres bailar.

O galego que non fala
na lingua da súa terra
nin sabe que ten de seu
nin é merecente dela.

Ai lalelo, ai lalala.

Unha vella foi mexar
á porta o señor alcalde
e tivo que pagar multa
podendo mexar de balde.

Ai lalelo, ai lalala.

Cando se emborracha o probe
todos din "que borrachón",
cando se emborracha o rico,
que gracioso está o patrón.

Ai lalelo, ai lalala.

Tamén aparece en:

Apaga o candil

Para facer unha nova busca, preme aquí.