¡Caste dos celtas, esperta axiña
ergue do fango da escravitú!
¡Patria da ialma, teus ceibes cantos
enchan o mundo de norte a sul!

(Deus fratesque Gallaecia. Alfredo Brañas)

Opinións


Sempre estaba disposto a colle-lo coche, aínda que fora pagando el a gasolina, a guitarra e a voz para ir a cantar a calquera sitio. A súa disposición era total. Nunca quixo facer florituras coa canción. Para el cantar era coma un combate primario.

Xosé Lois Rivas, "Mini" (músico)


Amosou sempre unha coherencia que eu admirei na defensa e dignidade dun país e da súa fala.

Baldomero Iglesias, "Mero" (músico)


Temos o exemplo de Suso Vaamonde. Agora fanlle homenaxes e vanlle a dedicar unha rúa, cando en vida non se lle recoñeceu, como se merecía, o traballo que fixo. Foi o máis grande expositor dos poetas galegos.

Urbano Cabrera (músico)


Día a día, acto a acto, preso a preso, folga a folga foinos acompañando sempre no lugar preciso e sempre acudindo ás chamadas populares, nacionalistas e proletarias. Era bon e xeneroso, entusiasta e activo, artista total e cheo de xenerosidade.

Xosé Lois Méndez Ferrín (profesor e escritor)


Unha perda para Galicia. Del quedounos a súa voz gravada, e unha rúa en Salvaterra, e a lembranza entrañable, exemplar, do home e do artista.

Xosé Neira Vilas (escritor)


Los discos de Suso permanecerán para siempre, mal que les pese a sus enemigos. Era, cariñosamente dicho, un cabezudo, un rebelde que no dio el brazo a torcer. Uno de los que preconizaba, aunque no lo dijera, que más vale morir de pie que vivir de rodillas.

Bibiano Morón (ex-Voces Ceibes)


A los dos nos tocó pagar un precio muy alto por el hecho de cantar y por respaldar nuestros textos con una actitud personal desafiante. Para mí, Suso Vaamonde siempre será un joven rebelde, con una canción agresiva. Así es como lo recuerdo.

Xerardo Moscoso (ex-Voces Ceibes)


Ninguén fixo tanto pola música de nós como Suso Vaamonde, sacrificando mesmo a súa libertade persoal e tendo que viver a amargura do exilio político. (...) A súa capacidade de comprensión resulta verdadeiramente exemplar.

Manuel María (escritor)


A síntese da identidade de Suso Vaamonde espígase nos apelativos que lle deron sona: trobador urbano e voceiro cívico das arelas colectivas dun tempo vougo de xusticia, de progreso e de liberdade.

Camilo Fernández Valdehorras (escritor)


Suso Vaamonde foi un loitador e a primeira persoa que me falou de nacionalismo.

Xosé Antonio Perozo (xornalista e escritor)


Un gran amigo, boa persoa, sempre preocupado por Galicia e defendendo os seus valores, nunha época na que a xente os intentaba anular. Levou unha vida coherente e morreu coa mesma coherencia.

Luis Ferreiro (presidente da fundación Celso Emilio Ferreiro)


Mantivo sempre a súa ética, e creo que a súa contribución á música será revisada detidamente agora tra-la súa morte.

Antón Seoane (músico)


Suso Vaamonde foi un pioneiro da canción en galego en momentos difíciles, e lle debemos respeto e admiración por eso. Era un bo tipo, un tipo entrañable, boa xente.

Antón Reixa (músico)


É un home importante, un artista fundamental, un loitador e un gran resistente, que aportou unha renovación á canción infantil. Vencellou a literatura galega co pobo. Era un traballador da súa arte e morreu traballando.

Bernardino Graña (escritor)


Era unha persoa entregada á causa con maiúsculas. Quixo mostra-la cultura galega en tódolos ámbitos e dar a coñece-la poesía de moitos dos principais escritores da nosa lingua. Deixa un oco difícil de encher.

Pilar Martínez, "Pilocha" (músico)


Con el aprendín moitas cousas. Aprendín sobre todo a condición de paisano, o tremendo corazón que tiña, que lle permitía fluir como cantor para estar entre a xente do país, que para min é o fundamental.

Tino Baz (músico)


A súa perda vaise notar moito porque somos moi poucos cantautores. Eu chamáballe o pai dos cantautores galegos.

Xoán Eiriz (músico)


Me comunicou que tiña cancro, foi unha conversa de despedida. Sinto moito a súa morte e síntoo tamén porque Galicia ten que coidar mellor ós seus fillos.

Amancio Prada (músico)


Suso Vaamonde era o entusiasmo. Coñecino no 75, en Vigo, nun recital no colexio dos Xesuítas. Xa entón era incansable.

Víctor F. Freixanes (escritor)


Unha boa persoa coa que estaba encariñada, porque musicoume varios poemas e incluso me introduciu na Sociedade de Autores de España como letrista, cando eu vivía en Madrid.

Pura Vázquez (escritora)


Era desa clase de músicos populares que non destacaron no campo comercial pero que exercen unha gran influencia no conxunto da música galega.

Xosé Lois Foxo (músico e escritor)


Un dos grandes da música galega, un cantautor comprometido, un cantautor sempre en loita, un cantautor ademais con moita vinculación co grupo A Roda. Sempre foi un factor dinamizador da galeguización do grupo e sempre tratou de levar ao grupo cancións que tiveran contido galeguista.

Alfredo Dourado (músico e membro do grupo A Roda)


Certamente non podemos entender a música galega sen a súa voz profunda, sen o seu canto comprometido, sen a súa referencia musical. Foi un activista da música e un home con moi boa disposición.

Uxía Senlle (músico)


O que máis admiraba de Suso era que non sei como se arranxaba para facerse sempre cos mellores poemas antes que ninguén. Cando eu sabía do poema, el xa o tiña musicado. Agradecereille sempre terme presentado a Celso Emilio Ferreiro. Bótase moito de menos.

Xosé Iglesias, "Buxán" (músico)


Galicia non perdeu só a unha fermosa voz e a un gran músico, senón que perdeu tamén a unha gran persoa que se a alguén lle fixo mal foi só a el mesmo, por ser como era, aberto e desprendido.

Maria do Ceo (compositora e fadista)


Con su voz y su palabra se fue por el mundo. Le ocurrió lo mismo que a León Felipe, que el sistema le dejó sólo la palabra. Su vida ha sido la canción, dicha con aquella fuerza proletaria que puso en el verso Celso Emilio Ferreiro.

Diego Bernal López (xornalista e escritor)


Hoxe somos moitos os que aínda temos na lembranza a Suso Vaamonde e a o todos os que con el compartiron unha época tan trascendental para a cultura galega.

Toniño López. (músico e membro do grupo Treixadura)


Suso foise para sempre, pero o seu traballo e o seu compromiso coa terra quedan tamén para sempre.

Martín Sanjurjo. (músico e membro do grupo Saraibas)


Quédanos o sentimento e o necesario recoñecemento agradecido a unha das vontades máis coherentes e esforzadas da nosa cultura musical dos últimos tempos. Sempre traballando desde a humildade, desde a conciencia da necesidade dun compromiso social.

Marcos Valcárcel (historiador e xornalista)