Podés todo ganalo
si despertas e loitas.
Co corazón che falo
galego que me escoitas.

(Derradeira vontade de Fuco Buxán. Celso Emilio Ferreiro)

Edición de Picariño


Picariño é o título dun disco-libro que recolle catorce poemas de Pura Vázquez e Dora Vázquez musicalizados no seu momento por Suso Vaamonde. As cancións foron recuperadas e remasterizadas neste novo formato, que inclúe ademais ilustracións feitas por Antía Vaamonde, sobriña de Suso.

Picariño será presentado na Casa do Libro de Vigo o 6 de novembro ás 20:00 horas.


Maria do Ceo homenaxea a Suso Vaamonde


A fadista e compositora Maria do Ceo acaba de publicar un novo traballo titulado Cancións para nenas e nenos, que constitúe o seu primeiro proxecto musical infantil. Trátase dun libro-disco composto por doce poemas e no que a artista homenaxea a Xosé Neira Vilas, Carlos Casares e Suso Vaamonde.

Un dos poemas incluídos no disco é unha versión do tema Tres bolboretas que Suso Vaamonde musicou no seu disco Rapazas, rapaces e rapazadas.


Reedición de Cantarolas pra xente miúda


Con motivo do cabodano da morte de Xosé Neira Vilas, reedítase en formato disco-libro o poemario Cantarolas pra xente miúda musicalizado por Suso Vaamonde. O traballo conta coas 14 cancións orixinais do disco de 1986 e inclúe ilustracións feitas por Antía Vaamonde, sobriña de Suso.

Desde novembro de 2016, a obra está a ser presentada por diferentes puntos da xeografía galega. A lista completa de actos de presentación xa confirmados é a seguinte:



Concurso Suso Vaamonde pola Liberdade


No marco do II Festival da Liberdade que terá lugar en Cargas do Morrazo os vindeiros 13, 14 e 15 de outubro, a asociación Sons de Liberdade convoca o I Concurso Suso Vaamonde pola Liberdade. Poderán participar todas aquelas organizacións, entidades e colectivos sociais do País sen fins lucrativos que precisen de axuda na autoxestión dos seus proxectos e que serán escollidos por votación telemática. Máis información aquí.


Naqueles tempos: Xentes da aldea


Naqueles tempos é unha serie documental da TVG que percorre a música e a sociedade de Galicia durante a segunda parte do século XX. O capítulo número 4 titúlase Xentes da aldea e está centrado nos primeiros anos da década dos 70. Boa parte do programa está dedicado a A Roda (minutos 06:18 a 13:35), Suso Vaamonde (minutos 13:35 a 18:15) e Fuxan Os Ventos (minutos 22:10 a 29:00). Preme na imaxe ou nesta ligazón para acceder ao programa completo.


Ezetaerre: A herdanza do vento


O grupo de rap combativo Ezetaerre lémbrase de Suso Vaamonde no tema A herdanza do vento. Preme na imaxe ou no título da canción para ver o vídeo.

Andamos a monte para manter a nosa esencia
Con Suso Vaamonde e a súa insolencia:
Que se vaian pró carallo os ladróns da nosa terra.


Fuxan Os Ventos versiona o tema Galicia


O grupo musical Fuxan os Ventos versiona a canción Galicia de Suso Vaamonde. O tema orixinal foi publicado en 1978, no disco Os soños na gaiola. En 1998, o propio Suso incluíu unha versión renovada deste tema no traballo As palabras dos galegos. Xoán L. F. Saavedra encárgase dos arranxos musicais nesta nova versión de Fuxan os Ventos. Preme na imaxe ou nesta ligazón para ver o vídeo.


Reedición de Os soños na gaiola en formato disco-libro


Con motivo da dedicación do Día das Letras Galegas ao poeta Manuel María, reedítase en formato disco-libro o poemario Os soños na Gaiola musicalizado por Suso Vaamonde. O traballo inclúe as 25 cancións orixinais do disco de 1978. Ademais, en cada páxina figura un poema de Manuel María acompañado por unha ilustración de Antía Vaamonde, sobriña de Suso. Desde febreiro de 2016, a obra está a ser presentada por diferentes puntos da xeografía galega. A lista completa de actos de presentación xa confirmados é a seguinte:


A Navalla de Manuel María para Suso Vaamonde


O 8 de setembro de 2014, A Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos entregaron en Outeiro de Rei (Lugo) a Navalla de Manuel María a Felipe Senén e, in memoriam, a Suso Vaamonde. Recollemos a continuación o texto que escribiu a familia de Suso Vaamonde para esta ocasión:




Concerto en lembranza de Suso Vaamonde


O 24 de maio de 2013 en As Pontes, organizouse un acto en lembranza de Suso Vaamonde. As Cantareiras de Alende interpretaron varios temas de Suso, coa colaboración dos músicos Francisco Fernández (teclado e baixo) e Antonio Fernández (batería). Mini e Mero foron convidados especiais para este acto homenaxe.


Radio Galega. Lume na palleira


Lume na palleira é un programa da Radio Galega especializado na música folk e tradicional, dirixido e presentado por Emilio Españadero. O 16 de febreiro de 2008 rendíuselle unha homenaxe a Suso Vaamonde, ao cumprirse oito anos da súa morte. O programa recuperou as once cancións que forman o disco Nin rosmar un laído intercalándoas con intervencións doutros artistas e amigos de Suso.

Descargar


Tiro na testa versiona a Suso Vaamonde


O grupo de punk galego Tiro no testa publicou un novo traballo titulado Agüecate el pelícano. Trátase dun disco con 17 temas propios máis 10 temas de artistas galegos versionados por eles. Un dos temas incluídos é unha versión do tema Espranza musicado orixinalmente por Suso Vaamonde no seu disco Celso Emilio Ferreiro na voz de Suso Vaamonde.

Preme nesta ligazón para obter máis información do disco.


VIII Premio de Poesía Suso Vaamonde


O 28 de decembro de 2000, a Fundación O Grelo Amigos de Galicia co patrocinio da Xunta de Galicia convocou o VIII Premio de Poesía Suso Vaamonde. O xurado estivo formado por Luis G. Tosar, Xavier Rodríguez Barrio, Xosé Alonso, Antón Grande e Diego Bernal