Cerca de mañana (1973)
Cerca de mañana é un traballo colectivo gravado clandestinamente nuns estudios da rúa Vallehermoso de Madrid no ano 1972 e publicado en Francia no ano 1973 co subtítulo Canciones del País Vasco, Cataluña, Galicia y España. O título está tomado do poema Cerca de mañana de Carlos Álvarez. Suso Vaamonde colabora co tema Romance de cego de Pedro I o inundador.
O disco está composto por 17 cancións. Na maior parte delas, Luis Merlo encargouse dos arranxos, a dirección musical e o acompañamento coa guitarra. Tamén se contou coa colaboración de Emilio Martínez no contrabaxo e na frauta. O disco contén no interior un texto de Tina Blanco.
Nº | Título | Letrista | |
---|---|---|---|
07 | Romance de cego de Pedro I o inundador | Miro Casabella |
Para ver a lista completa de edicións, preme aquí.
Intérprete | Editorial: nº editor | Nº depósito legal | Formato | Lugar | Ano | |
---|---|---|---|---|---|---|
VVAA | Discmedi: DM 1027 | B 7223-1997 | CD | Madrid | 1997 | |
VVAA | Gravación Universal: S.F. 12-72-191 | LP | 1972 |