Homenaxe no Porto (1983)
Os días 2, 3 e 5 de marzo de 1983 celebráronse nas cidades de Porto, Braga e Lisboa, respectivamente, festivais de solidariedade con Suso Vaamonde, quen desde 1981 ata 1984 estivo exilado en Venezuela como consecuencia dunha condena por un delito de inxurias contra a nación española. O propio Suso, que naquel momento non podía entrar en España por risco a ser apresado, participou nestes festivais xunto con outros artistas e persoeiros do mundo da cultura. Recollemos aquí o festival celebrado no auditorio nacional Carlos Alberto no Porto, organizado polo grupo de teatro Realexo e presentado polos locutores Carlos Ferreira e Costas Monteiro. O son foi recuperado a partir dunha gravación caseira en casete.
Preme na cabeceira de cada columna para reordenar a lista. Para facer unha nova busca, preme aquí.