Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

A fiandeira


INFORMACIÓN

Título:A fiandeira
Disco:Rapazas, rapaces e rapazadas (1998)
Letra:Uxío Novoneyra
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Fiandeira namorada
que fías detrais do lume
cos ollos postos nas chamas
rosiñas, brancas i azuis.

Fiandeiriña que fias
nas noites de longo inverno
as liñas tan delgadiñas
que os fios do pensamento.

Cae a neve branca fora
riba dos teitos calada.
Mentres ti fías e soñas
nunha cousiña lonxana.

Para facer unha nova busca, preme aquí.