Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

A pita


INFORMACIÓN

Título:A pita
Disco:Rapazas, rapaces e rapazadas (1998)
Letra: Popular
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Teño unha pita podeira
que pon tres ovos ó dia
mais si me puxera catro
millor conta me faria.

Xa me daban polo pico
un sobio moi bonito
xa me daban polo papo
unha caixa de tabaco.

Xa me daban polas prumas
un cento e medio de agullas
xa me daban polas pernas
unhas mangas ben marelas.

Xa me daban polo rabo
unha besta i un cabalo,
xa me daban polo pelo
unha vaca i un becerro.

Xa me daban polo fel
a filla do coronel,
xa me daban pola crista
un cabalo realista.

¡Ou pita que tanto vales!
heite levar ó convento
para que digan os frades
galo fora e pita dentro.

Para facer unha nova busca, preme aquí.