A revolución irmandiña
INFORMACIÓN
Título: | A revolución irmandiña |
Disco: | As palabras dos galegos (1998) |
Letra: | Manuel María |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Cando expiraba en Galicia
o periodo medieval
o povo fixo xusticia
en irmandá comunal.
Pois os nosos Irmandiños
co gran Roi Xordo por guia
sairon polos camiños
na busca dun novo dia.
Foi a Irmandade Galega
unha unidade do povo.
¡Foi a xusticia que chega
traguendo un sol puro e novo!
Baixo o mando de lanzós
ningún castelo quedou.
¡Galicia sin torreós
a si mesma se mandou!
E unha forza poderosa
e fe do povo mantiña.
¡Foi unha xeira groriosa
a da Revolta Irmandiña!
Para facer unha nova busca, preme aquí.