A rumboia
INFORMACIÓN
Título: | A rumboia |
Disco: | O pandeiro de Marica (1998) |
Letra: | Popular |
Música: | Popular |
Voz: | Suso Vaamonde / Colectivo Trebón |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Heime de casar pra Castro,
terriña de moita leña.
Hei de traguer un feixiño
pra cando a rumboia veña.
Anda, Xoana,
árdeche a troia.
Vénte conmigo,
bailaremos a rumboia.
Viva a rumboia,
rumboia viva.
Viva a rumboia,
anque sexa noite e día.
Miña comadre Polonia,
non vin muller como ela,
os ósos dállos ao home,
a carne cómea ela.
O lindo, lindo,
o miña xolla.
Imos a Lugo,
bailaremos a rumboia.
Viva a rumboia,
rumboia viva.
Viva a rumboia,
rumboia da miña vida.
Todos os carabineiros
dormen cos pés á xiada
e de alí ó outro día
a festa vai rumbeirada.
Para facer unha nova busca, preme aquí.