A saia da Carolina
INFORMACIÓN
Título: | A saia da Carolina |
Disco: | Os mellores pasodobles do país (1998) |
Letra: | Popular |
Música: | Popular |
Voz: | Suso Vaamonde / Colectivo Trebón |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Carolina nunha saia
ten un lagarto pintado.
Cando Carolina baila
o lagarto dálle ao rabo.
¿Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailaches.
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
co meu amor bailei,
pois eu bailar con outro,
meu pai, non lle sei.
Carolina ten tres saias,
todas elas lle van ben,
e debaixo das tres saias
vaia un saber qué ten.
Carolina canta e baila
e tamén toca o pandeiro.
Quen case con Carolina
non vai ter mágoas no peito.
O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Dios todo llo perdoa.
No curro da Carolina
non entra carro pechado.
Na máis entra Carolina
co seu cocho polo rabo.
Carolina é unha tola
que todo fai ao revés.
Vístese pola cabeza
e díspese polos pés.
Para facer unha nova busca, preme aquí.