A verdade
INFORMACIÓN
Título: | A verdade |
Disco: | Cousas da lúa (1999) |
Letra: | Roberto Blanco Torres |
Música: | Suso Vaamonde / Código de Barras |
Voz: | Código de Barras |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Foi un esgrevio educador cubano
o que dixo istas verbas sugerentes,
amor dos homes ó progreso humano,
roita de luz nos pobos decadentes.
Arela viva do saber que esplora,
visión profunda do vital destiño
da humanidade que onte, hoje, agora,
busca sin folgo a luz no seu camiño.
Diante da probe Hespaña que hoje toco
inerte ou vil, pois co ludibrio carga
isas verbas geniás que agora evoco
cunha saudade cósmica i amarga,
eu grabaríaas cun troquel ardente,
como fito da redenzón querida,
de cada cibdadán na oscura mente,
sagro tesouro para o ben nacida.
¡Verdá, verdá, da liberdá meliza,
sublime airón, enseña lumiosa!
¡Cando todo no entorno se esnaquiza,
izala ó cume é unha misión groriosa!

Para facer unha nova busca, preme aquí.