Ai amor
INFORMACIÓN
| Título: | Ai amor |
| Disco: | Menceres (1986) |
| Letra: | Álvaro Cunqueiro |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
No mencer da herba mol
caieu unha estrela viva
¡ai amor!
Rompeu seus ollos albeiros
como o son da miña amiga
¡ai amor!
Rompeu os cabelos verdes
neve de sol namorada
¡ai amor!
Rompeu seu verde ladeira
color de donda laranxa
¡ai amor!
Rompeu a súa voz de escumas
segredo de eclipse morna
¡ai amor!
Rompeu seu andar lixeiro
e o mar longa da súa cola
¡ai amor!
Rompeu a súa vida nova
i os seus relembros perdidos
¡ai amor!
Rompeu a súa morte fría
e a luz crara dos seus picos
¡ai amor!

Tamén aparece en:
| Concerto en Salvaterra de Miño | ![]() |
Para facer unha nova busca, preme aquí.
