Algún día por te ver
INFORMACIÓN
Título: | Algún día por te ver |
Disco: | Concerto en Pontevedra (ca. 1986) |
Letra: | Bernardino Graña |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Algún día por te ver
abrín as catro ventanas.
Agora no meu recuncho
de Bonabal sin querer
vexo teu corpo de peixe
por antre os ares e a cama.
Fuxe. Non quero mirarte
no rio do escoar das ansias.
Anda os rolóns o teu pelo
entre coxíns e almofadas.
Teu pelo no ar dos meus dias
revoltando nas tronadas.
Sei que revoltas nas nubes
que choves en min non marchas
que se abro os ollos te vexo
que se os pecho estás máis clara.
Fuxe lamprea gran peixe
da auga do ensoño que manca.
Vaite co son coa quentura
co acento de túa fala,
por te non sentir nas portas
co vento que rolda a casa.
Que o vento me tumbe o teito
as paredes e as lembranzas.
Por te non ver mais lamprea
a nadar nas miñas aguas.
Agora por te non ver
todas as teño pechadas.
Tamén aparece en:
Menceres |
Para facer unha nova busca, preme aquí.