Alparagatas
INFORMACIÓN
Título: | Alparagatas |
Disco: | Música mestre (1998) |
Letra: | Popular |
Música: | Popular |
Voz: | Suso Vaamonde / Colectivo Trebón |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Manoeliño o barqueiro,
Manoeliño o barqueiro,
pásame, Manoeliño,
na ala do teu sombreiro.
Alparagatas,
mi vida i mi bien.
Alparagatas,
se baila moi bien.
Alparagatas,
mi vida i mi amor.
Alparagatas,
se baila mejor.
Á túa nai xa llo dixen,
ó teu pai xa llo direi,
a ti non che digo nada,
faras o teu parecer.
Amores pra alá do río
son caros polo diñeiro.
Cada vez que a velos vou,
seu real dou ó barqueiro.
Repoliño, repoliño,
repoliño, repolado,
¡quen che me dera repolo
na miña cunca de caldo!
Tes os peitiños redondos,
ti eres boa para dama.
¡Quen me dera ser o neno
que dos teus peitos mamara!
Para facer unha nova busca, preme aquí.