Amor apresurado
INFORMACIÓN
Título: | Amor apresurado |
Disco: | Regodobargo (1995) |
Letra: | Francisco Añón Paz |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Miráchesme, mireite, nos miramos:
Sorríchesme, sorrinme, os dous sorrimos
Nos nosos ollos nosa imaxen vimos:
Ti nos meus, eu nos teus nos retratamos;
Desde entonces de amor nos abrasamos;
Un mesmo gusto ou pena os dous sentimos,
E anque a paraxes diferentes imos,
De cote no camiño tropezamos.
Xa que do corazón libre dispomos,
Aos paxaros dos bosques imitemos.
Nosa doce ventura apresuremos
Que o niño fan entre ramaxe e gromos;
Que a vida é curta e responsables somos
Do tempo tan precioso que perdemos.
Tamén aparece en:
Lembranza |
Para facer unha nova busca, preme aquí.