Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Amor rianxeiro


INFORMACIÓN

Título:Amor rianxeiro
Disco:O pandeiro de Marica (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

E outro en Vilagarcía,
teño un amor en Rianxo
e outro en Vilagarcía.
Para ver os meus amores
teño que cruzar a Ría.

Non lle temas, mariñeiro,
ó ventiño do mar,
que o vento mareiro,
da mellor navegar.
Si navegas pola Ría
de Rianxo verás,
ás estrelas e a lúa
darlle bicos ó mar.

Levaille no teu peteiro,
gaivotiña voa, voa,
levaille no teu peteiro
unha cantiga de amores
ó meu amor rianxeiro.

Dona do meu corazón,
Galicia miña terriña,
dona do meu corazón,
quen te non quere Galicia
non sabe o que é amor.

Unha muller garimosa,
hei de buscar polo mundo
unha muller garimosa
que teña tres cousas máis:
rica, discreta e fermosa.

Para facer unha nova busca, preme aquí.