Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Andar miudiño


INFORMACIÓN

Título:Andar miudiño
Disco:Vai de roda en roda (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Éche un andar miudiño,
miudiño, miudiño,
miudiño, miudiño
o que eu traio.

Eu traio unha borracheira
de viño, que auga non bebo,
mira, mira Maruxiña, mira,
mira como veño.

Eu traio a camisa rachada,
cosida con fío negro,
mira, mira Maruxiña, mira,
mira como veño.

Para facer unha nova busca, preme aquí.