Ano novo
INFORMACIÓN
Título: | Ano novo |
Disco: | É nadal (1994) |
Letra: | Antón Lousada Diéguez |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Ano novo, vida nova
Ano novo ¿que traerá?
O vello sospiros leva.
O novo ¿que levará?
Ano que de festa naces,
o pasado xa pasou.
E a primavera enverdece
o xardín que se murchou.
Mais sei d'abondo ano novo
có tempo que se vai indo.
Pra sempre leva o cheirume
das froles que van caíndo.
Ano novo, vida nova.
Ano novo, outro virá.
O vello sospiros leva.
O novo xa os traerá.

Para facer unha nova busca, preme aquí.