Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Apaga o candil


INFORMACIÓN

Título:Apaga o candil
Disco:Apaga o candil (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Pasei pola túa porta
e mirei polo cerrollo
a ladra da túa nai
meteume un pau por un ollo.

Apaga o candil
Marica chus, chus.
Apaga o candil,
que ten moita lus.
Que ten moita lus,
moita craridá.
Apaga o candil
e achégate alá

Túa nai é chiculate,
e teu pai chiculateiro.
A túa nai lambe as cazolas
e o teu pai lambe os pucheiros.

Sempre te andas alabando
de que teu pai é moi rico,
a riqueza do teu pai
lévalla un corvo no bico.

Para facer unha nova busca, preme aquí.