Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

As irmandades da fala


INFORMACIÓN

Título:As irmandades da fala
Disco:As palabras dos galegos (1998)
Letra:Manuel María
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

As Irmandades da Fala
contra o feroz centralismo,
déronlle ao pobo galego
un craro nacionalismo.

E despois das Irmandades
esforzados galeguistas
ganaron grandes batallas,
fixeron grandes conquistas.

Bóveda e máis Castelao
foron os nosos guieiros
que levaron a Galicia
por galegos derroteiros.

Pero no ano trinta e seis
militares e fascistas,
asoballaron Galicia
con xeitos imperialistas.

Anularon o Estatuto,
o pobo foi masacrado,
Castelao morreu no exilio,
Bóveda foi fusilado...

Mais aquel probe Estatuto
non foi ningunha victoria:
¡só comenzaba o principio
pra endreitar a nosa Historia!

Para facer unha nova busca, preme aquí.