Cabaliño novo
INFORMACIÓN
Título: | Cabaliño novo |
Disco: | Cantarolas pra xente miúda (1986) |
Letra: | Xosé Neira Vilas |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Cabaliño novo,
cabalo pedrés,
que gallopas ledo
polo terraplén,
acouga un instante,
deixa de correr,
ven a miña veira
que te quero ver.
Que toleirón eres
cabalo pedrés.
Ven cabalo amigo,
trouleante, ven;
quero darche sopas
de broa con mel,
e arreos do trinque
sabor ti poñer
pra que certos poldros
toleen de vez.
Que toleirón eres
cabalo pedrés.
Axóuxeres brancos,
manta de ouropel,
atafal de seda
e o petral dun rei.
Hale! ven acouga,
lostreguiño inxel
aténdeme un chisco,
deixa de correr.
Que toleirón eres
cabalo pedrés.
Para facer unha nova busca, preme aquí.