Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Canción para ir ó mar de pesca


INFORMACIÓN

Título:Canción para ir ó mar de pesca
Disco:Rapazas, rapaces e rapazadas (1998)
Letra:Bernardino Graña
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Para que estean gordos todolos nenos
e polo Agosto haxa mais festa
imos buscare xunto das illas
unha corbina, unha faneca,
un abadexo, unha morea.

Para que en Galicia cheiren as fábricas
de salazón e mais de conserva,
imos ó mar con arpón ou liña
a pescar rincha, congros e alcriques
moita pescada, unha balea.

Para que as mulleres berren na praza
e haxa arruido polas tabernas,
traerei con nasa, con rede ou fisga
luras e polbos, muxos e necoras,
meros e sargos, sollas e vieiras.

Hei de pescare con xeito ou baca,
cun bou ou cunha probe gamela,
hei de pescare con xeito ou baca,
unha centola, xouba e sardiña,
un rodaballo, unha doncella.

Imos ó axexo, imos ó escuro
con ardentia, ou lúa chea
e aseñaremos por estas rias,
o lombrigante, bonito duro,
moitos xurelos, a palometa,
un ollomol, unha zapata,
un peixe-sapo, un fura-areas,
a rabaliza, a maragota, o pinto,
a raia, e toda a pesca.

Para facer unha nova busca, preme aquí.