Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Cantiga aluarada


INFORMACIÓN

Título:Cantiga aluarada
Disco:Santiago, mar de pedra (1997)
Letra:Avelino Abuín de Tembra
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Polo hórreo baixan
dúas gaivotas.
Estoupidos xeados
levan na boca.

Bonaval é unha teima
de agullas rotas.

Pola Senra devecen
píntigas mouras.
Estorniños louseños
abren a roita.

Bonaval é unha teima
de agullas rotas.

Pola porta faxeira
troulan as rulas.
Os bufardos espreitan
lucenzas túzaras.

Bonaval é unha teima
de irtas agullas.

Compostela bremante,
de mol enruga.
Tres paxaros e un verme
falan na rúa.

Bonaval é unha teima
de irtas agullas

Para facer unha nova busca, preme aquí.