Cantiga amantiña de Rosalía
INFORMACIÓN
Título: | Cantiga amantiña de Rosalía |
Disco: | Santiago, mar de pedra (1997) |
Letra: | Avelino Abuín de Tembra |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Santa Rosalía
Silandeira ía,
Miña, amiga.
Rosalía santa
Camiña lizgaira,
Miña, amiga.
Camiña descalza
Na area dourada,
Miña, amiga.
Na area brillante
Leva os es exánimes,
Miña, amiga.
Os pés desangrados
Fían remol Lacio,
Miña, amiga.
No remol louseño
Agroman recendos
Miña, amiga.
Os gnomos enchocan
Alentos de pombas,
Miña, amiga.
Os alentos rachan
Mañás de bitácoras,
Miña, amiga.
Bitácoras lenes
De paxaros breves,
Miña, amiga.
Os paxaros voan
Co outono nas costas,
Miña, amiga.
Outonos e engados
Na proa dos ábregos,
Miña, amiga.
Os ábregos brúan
Ladaíñas mudas,
Miña, amiga.
Na muda lisonxa
Santa Rosalía
A miña, amiga
Foi quedando doa.
Silandeira e orfa,
Miña, amiga
Santa Rosalía
Silandeira ía,
Miña, amiga.
Rosalía santa
Camiña lizgaira,
Miña, amiga.
Para facer unha nova busca, preme aquí.