Cantiga da noite
INFORMACIÓN
Título: | Cantiga da noite |
Disco: | Concerto en A Pobra de Trives (ca. 1985) |
Letra: | Manuel María |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Da noxo ollar os galegos
que renegan da súa fala
¡Somentes por ser a nosa
temos deber de falala!
A falar, a falar
En galego imos falar.
Moitos vanse de Galicia
que eiquí non poden vivir
e triste o noso destino
¡Sofrir, sofrir e sofrir!
O ideal dos burgueses
todo, todo está ben feito
si proporciona intereses
e se lle saca proveito.
En Galicia as cousas van
cada vez moito peor
non se sabe decir "non"
sempre se di "si señor".
Deixamos morrer a fala
esquecemos o pasado
"e hai quen di que Galicia
moito leva progresado!"
Dicen que tal e que coal
que si saudade e morriña
¡E si Galicia iba mal
sigue moi mal a probiña!
O que nos diga que temos
que ter paciencia e calar
¡Ou e que xa manda en nos
ou e que pensa en mandar!

Tamén aparece en:
Regodobargo | ![]() |
Para facer unha nova busca, preme aquí.