Cantiga do amante preso
INFORMACIÓN
| Título: | Cantiga do amante preso |
| Disco: | Concerto en Pontevedra (ca. 1986) |
| Letra: | Xosé Lois Méndez Ferrín |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Boas noites amiga
dígoche dende a cárcere
neste espacio de sombras
limitadas a carne.
Promotorio de pelos
elévase no sangue
e a luz coma un cheirume
esvara, negra, amante.
Detéñense as palabras
os pensamentos pairan
coma un morcego tépedo
a corazón se cala.
Na cadea hai menceres
de neboa en cada ollada
e ratas grises fanche
un burato na ialma.
Hai unha door cega
que cada cousa mancha
e podremias antigas
ao corazón se engarran.
A espiral da tortura
as pantasmas odiadas
o libro do silencio
e a tristura probada.
Rematan nista noite
ou miña ben amada
pra escomezaren logo
a mañán coma lama.
Boas noites amiga
digoche dende a carcere
mentralo teu recordo
froitifícame, árdeme.

Tamén aparece en:
| Menceres | ![]() |
| Homenaje a las víctimas del franquismo | ![]() |
Para facer unha nova busca, preme aquí.

