Cantiga do Sar bremante
INFORMACIÓN
Título: | Cantiga do Sar bremante |
Disco: | Lembranza (2000) |
Letra: | Avelino Abuín de Tembra |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O Sar vai cheo
meu doce amor.
cantan os xuncos
feble canción.
Os tiovivos
da Ferradura
Fenden carballos
de estreita dúbida
da fonda dor.
Cantan os xuncos
feble canción.
Umbrosa fraga,
maio florido.
Orfa floresta,
nadal aflito
de morno son.
O Sar vai cheo,
meu doce amor.
Santa Susana
en unha torre
que tan só fala
ó dar as doce
no fargallón.
Cantan os xuncos,
feble canción.
Pola alameda,
nas noites mouras,
rinchan os dentes
das vacalouras
brizo negror.
O Sar vai cheo,
meu doce amor.
Na Ferradura
das foxas quentes,
buscan acougo
xargas dementes
do tornasol.
Cantan os xuncos
feble canción.
Herba miúda
de vagalumes.
Murchas estrelas
soñan con fume,
trépedo albor.
Cantan os xuncos
feble canción.
Sempre espréitante,
de cote erguida,
adral de enlevos
de Rosalía
no corazón.
O Sar vai cheo,
meu doce amor.
Ten Rosalía
un telescopio
pra ver axexos
do mar afouto
dos aquilóns.
O Sar vai cheo
meu doce amor.
Breixo ateigado
de escentileos.
Man de santiña
que leva ó ceo
camiño mol.
Cantan os xuncos
feble canción.
Señor Santiago
no pedestal,
coida o galaio
dos nugalláns,
turdia traición.
O Sar vai cheo
meu doce amor.
Anque se vire,
anque se torza,
señor Santiago
préstanos xornas
contra o trebón.
Cantan os xuncos
feble canción.
¡Señor Santiago!
que non se xebre
con coiteladas
de mesto sangue
a donda fábula.
O Sar vai cheo,
meu doce amor.
Cantan os xuncos
feble canción.
Tamén aparece en:
Santiago, mar de pedra |
Para facer unha nova busca, preme aquí.