Cantigas para unha regueifa
INFORMACIÓN
| Título: | Cantigas para unha regueifa |
| Disco: | Santiago, mar de pedra (1997) |
| Letra: | Avelino Abuín de Tembra |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Compostela, noiva
De souril cenefa,
Casarei contigo
Se o vento me deixa.
Compostela, noiva
De corpo avisedo,
Casarei contigo
Se me deixa o vento.
Compostela, noiva
De falopas mengas,
Casarei contigo
Se o vento me deixa.
Compostela, noiva
De acenantes peitos,
Casarei contigo
Se me deixa o vento.
Compostela, noiva
De loiros desexos,
Casarei contigo
Se me deixa o vento.
Compostela, noiva
De mol abelencia,
Casarei contigo
Se o vento me deixa.

Tamén aparece en:
| Así é a miña terra | ![]() |
Para facer unha nova busca, preme aquí.
