Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Carro


INFORMACIÓN

Título:Carro
Disco:Rapazas, rapaces e rapazadas (1998)
Letra:Emilio Álvarez Blázquez
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Que levas, carro valeiro
que levas pola costiña.
Levo a mañanciña toda
con un galo loiro enriba.

Que levas, carro valeiro,
que levas pola costiña.
Levo o serán como un merlo
asubía que asubía.

Que levas, carro do tempo,
costa abaixo, costa arriba.
Levo semente de estrelas
pra sementeira dos dias.

Para facer unha nova busca, preme aquí.