Ceibe
INFORMACIÓN
| Título: | Ceibe |
| Disco: | Regodobargo (1995) |
| Letra: | Xosé Vázquez Pintor |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
¡Ceibe, ceibe, ceibe!
Canta o paxaro no fondal da fraga.
¡Ceibe, ceibe, ceibe!
Brúa o mar na marola cando pasa.
¡Ceibe, ceibe, ceibe!
Oubea o lobo pola noite crara.
¡Ceibe, ceibe, ceibe!
Aldraxa ao día o galo e muxe a vaca.
¡Ceibe, ceibe, ceibe!
Anuncia o neno cando é neno... e cala.
¡Ceibe, ceibe, ceibe!
Confesa o escravo que o seu amo manda.
¡Ceibe, ceibe, ceibe!
Remoe o pobo a íntima palabra.
¡Ceibe, ceibe, ceibe!
Canta o paxaro no fondal da fraga.
¡Ceibe, ceibe, ceibe!
A miña vida probe, a miña casa.

Para facer unha nova busca, preme aquí.