Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Conto


INFORMACIÓN

Título:Conto
Disco:Regodobargo (1995)
Letra:Xosé Lois Méndez Ferrín
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Era Galicia un puro val ou oco
de densidade verde e fume morno.
Era Galicia a chaira máis espida
inerte néboa sobre illó de lodo.

Era Galicia esguío vento agudo
encrequenando en si tódalas cousas.
Era Galicia un arbre lentamente
ensumíndose un pouco cada hora.

Era Galicia cen avós de terra
sen vengar, mudos ecos que nos moven.
Era Galicia un mar perfectamente
denso, sen luz e con sabor a homes.

Era Galicia a patria do traballo
de nunca terminar, pola boroa.
Era Galicia un home sin cabeza.
Era unha vez Galicia, espranza angosta.

Tamén aparece en:

Lembranza
Concerto en Salvaterra de Miño

Para facer unha nova busca, preme aquí.