Cousas da lúa
INFORMACIÓN
| Título: | Cousas da lúa |
| Disco: | Cousas da lúa (1999) |
| Letra: | Roberto Blanco Torres |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Código de Barras |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
A lúa, na carballeira,
bota a deitar leopardos,
e faise espello nos teitos
para que se miren os gatos.
É un retórico mentir
o mentir dos poetas:
nunca na vida a lúa
vomitou unha estrela.
Proxeneta baquiana,
disponlles a modo o leito,
e, limpándose as fazulas,
chosca un ollo por adentro.
Nemigas dende o orige,
a lúa, boca famenta,
anda tola a perseguilas
e pol-o medo escorréntaas.

Para facer unha nova busca, preme aquí.