De onde vés María
INFORMACIÓN
Título: | De onde vés María |
Disco: | O pandeiro de Marica (1998) |
Letra: | Popular |
Música: | Popular |
Voz: | Suso Vaamonde / Colectivo Trebón |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Maruxa non seas tola,
Maruxa si vas a herba,
Maruxa non seas tola,
mira que fai moito vento
e lévache a herba toda.
¿De onde vés María?
¿De onde vés María?,
Veño da verdura,
¡Que ricos repolos
ten o señor cura
debaixo da saia!
¿De onde vés María?
Veño da ferralla.
Que reventa polo pé,
teño unha herba na horta,
que reventa polo pé.
Tamén ti has reventar
por dicir o que non é.
Na cabeza dun repolo,
teño un niño de carrizo
na cabeza dun repolo.
Deron as nenas con el,
levaron cañoto e todo.
Fixo niño no convento,
o paxaro da María
fixo niño no convento.
Todo paxaro ten plumas,
o da María ten pelo.
Para facer unha nova busca, preme aquí.