Deus fratresque Gallaecia
INFORMACIÓN
Título: | Deus fratresque Gallaecia |
Disco: | Concerto en Vigo (1978) |
Letra: | Alfredo Brañas |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Caste dos celtas, esperta axiña,
ergue do fango da escravitú.
Patria da ialma, teus ceibes cantos
enchan o mundo de norte a sur.
Das costas bravas do Finisterre
hastra as douradas beiras do Sil,
ruxan os ventos de loita e morte
contra os tiranos de meu país.
Dos meus pasados, bendita terra,
nai adourada da miña nai
creva as cadeas que te asoballan
e cingue a croa da libertá.
Cantai galegos o himno xigante
dos pobos ceibes, dos pobos grandes.
Cantai galegos a idea santa
da independencia da nosa Patria.
Tamén aparece en:
Regodobargo | |
Lembranza |
Para facer unha nova busca, preme aquí.