Diante da natureza
INFORMACIÓN
Título: | Diante da natureza |
Disco: | Cousas da lúa (1999) |
Letra: | Roberto Blanco Torres |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde / Código de Barras |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O monte está sereo
os penedos vixian;
a gándara está virxe
d'a profanazón aínda.
Soio as cibdas imbéciles
iñoran a consina.
Na rasa Natureza
todo rechouta e brila:
de cote ten o encanto
d'a meiga poesía.
Soio os salóns imbéciles
fan normas de mentira.
Xunt'o paisaxe ledo,
a fonte deita a linía
na qu'o sedento afoga
as mágoas d'a fatiga.
Soio os viles imbéciles
n'alcohol vil s'esnaquizan.
Nas leiras que dan froito,
sóbor chan que xermina,
o traballo fecundo
impón a lei da vida.
Soio as cibdás imbéciles
co pitismo dan grima.
O agro, o agro, é a musa
d'ardente melonía
en onde a frol d'a loita
chea d'arume e limpa,
Soio as cibdás imbéciles
iñoran a consina.
En onde a frol da loita
ergue seus cores roxos
ó cume que aloumiña,
falando ós peitos nobres.
Para facer unha nova busca, preme aquí.