Doces bicos
INFORMACIÓN
| Título: | Doces bicos |
| Disco: | Música mestre (1998) |
| Letra: | Popular |
| Música: | Popular |
| Voz: | Suso Vaamonde / Colectivo Trebón |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Vin unha moza fermosa
nunha noitiña serea.
Ó refrexo das lumieiras
vin seus ollos de morena.
¡Que doces son os bicos
que ti me das!
Dime que sí, mociña,
que me amarás.
Á túa porta eu chamei
sin que ti me contestaras.
O primeiro que pensei
foi que xa me olvidaras.
Teu o amor é como o vento
que vai de aquí para alá.
O meu querer é unha pedra
que en donde a poñen está.
A muller do ferreiriño,
non vin muller como ela.
De día malla no ferro,
de noite o ferreiro nela.

Para facer unha nova busca, preme aquí.