Dona
INFORMACIÓN
| Título: | Dona |
| Disco: | Menceres (1986) |
| Letra: | Xosé María Álvarez Blázquez |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Coma un vento, lixeira,
eu ben te vin chegar,
traguías unha estrela
bailándoche na man.
¡Qué noite namorada
a brilar nos teus ollos!
¡Qué alamíos da iauga
arredor do teu corpo!
¡Deus, si me deras dona
para un fondo querer,
para unha vida fonda!
¡Ai, si ma deras, Deus!
E foi coma un milagre
na noite o noso amor.
¡Ainda van polos ares
túa voz e a miña voz!

Para facer unha nova busca, preme aquí.