Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

É Nadal


INFORMACIÓN

Título:É Nadal
Disco:É nadal (1994)
Letra:Dora Vázquez
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

¡Tan... tan...!
Campaíña, desfolla un cantar.
Bule e rebule,
batelar de bronces
choutando no ár.

¡Canta, campaíña!
Que os anxos rebrincan
onda o teu badal,
ceibando anaquiños de groria
no repinicar.

¡Canta, campaíña!
Desfolla un cantar...
¡Tan, tan!... Polo vales.
¡Tan, tan!... Polo ár.
¡Tan, tan!... polas leiras.
¡Tan, tan!... Polo mar...

Nos fíos da alba,
¡que groria non tras!
Túa música canta:
¡É Nadal!...
¡É Nadal!...
¡É Nadal!...

Para facer unha nova busca, preme aquí.