Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

E peina o pelo


INFORMACIÓN

Título:E peina o pelo
Disco:Vai de roda en roda (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

E peina o pelo
e péinao ben
e fai os rizos,
que che están ben.
Que che están ben,
que ben che están,
e fai os rizos
da túa man.

Á miña sogra a levaron
á feira de Extremadura.
Non houbo quen a comprara.
Cambieina por unha mula.
Ai elelo ai elalo.

Meniña, peina o teu pelo,
non seas tan perguiceira,
que o peliño ben peiteado
é a fala dunha nena.
Ai elelo ai elalo.

Á muller e máis á sogra
leveinas un día á feira.
Pola muller catro reás,
pola sogra nin cadela.
Ai elelo ai elalo.

Sabe Dios, de hoxe nun ano,
donde estará o meu corpo,
ou aquí ou noutro lado,
o no cementerio morto.
Ai elelo ai elalo.

Para facer unha nova busca, preme aquí.