Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Emigrantes no mar


INFORMACIÓN

Título:Emigrantes no mar
Disco:Limiar (1979)
Letra:Bernardino Graña
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Sin vacas, sin a fala, sin as veigas
tamén no mar se perden os galegos:
labregos, afiadores, mans en ansia.
Sin casa xa, sin terra, coma os ventos.

Perdidos polo mar, pra alá de Vigo,
entrando no ignorado, monstruo oucéano,
máis alá desas illas verdecentes,
en noite, acaso en morte i en silencio.

Tí, mar, cegaches todo en lus i en vidro.
Nublaches a mirada e ao mesmo tempo
abriches mil vieiros. Foches ninfa
que canta e leva aos homes dos seus eidos.

Ágoa sensoal de sal e loira area,
ágoa que tuvo a culpa como o demo,
flauta, verdosa serpe, azul engano,
leito de bico infindo, mol e fresco.

I eles quizáis en ti han ser peixes, algas.
Quen sabe si han voltar pra algún proveito.
Quen sabe si han morrer, virarse loucos,
sin seu aire alentar noutro elemento.

Contén, mar, no teu lombo o seu gran soño
de viaxes con saudade e con regreso.
Refrena contra nós o seu esquezo.
Trae pra Galicia a todos os galegos.

Soñaron mais que naide. Foron puros
esculcantes de espacio e vida e imperio.
Sinceiros e quixotes de ágoa femia.
No teu ritmo se foron coma nenos.

Para facer unha nova busca, preme aquí.