Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Ensoños


INFORMACIÓN

Título:Ensoños
Disco:As palabras dos galegos (1998)
Letra:Suso Vaamonde
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Os nenos cantaban
soñaban ben ledos
nascía unha espranza
pra os nosos eidos.

Os nenos sorrían
corrían lixeiros
porque na Galicia
viñan outros tempos.

Galicia medraba
Galicia cantaba
a xente galega
xa non emigraba.

Había castiñeiros
carballos e xestas
as festas dos pobos
sempre estaban cheas.

Marelas e pintas
as lanchas coa pesca
e nos asteleiros
felices que eran.

Nas leiras e veigas
os cucos cantaban
de lonxanas terras
galegos voltaban.

Galego na escola
sempre se falaba
e na nosa fala
os nenos cantaban.

Tamén aparece en:

Cantarolas pra xente miúda

Para facer unha nova busca, preme aquí.