Falemos galego
INFORMACIÓN
Título: | Falemos galego |
Disco: | O pandeiro de Marica (1998) |
Letra: | Popular |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde / Colectivo Trebón |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Sabedes que está de moda
entre vellos e yeyeses
a canción galega nova
que hasta cantan os ingleses.
Nos estamos satisfeitos
da nosa fala natal
e rendímoslle homenaxe
no tempo do carnaval.
Xerardo, Vicente, Honorato e Miguel
cantades galego facedes moi ben
como xa fixeron os da vella ola
falemos galego na rúa e na escola.
Un recordo placenteiro
para Novas Amistades
que cantaron en galego
aló polas Baleares.
Non estamos moi de acordo
cos que cantan por aí
a cantiga da beiriña
no galego de Madrid.
Os Tamara alá moi lonxe
cántanlle ó Santiaguiño
e dinlle ós casteláns
que ten forza o galeguiño.
O galego non é novo
que é máis vello que a requisa
pois xa o cantaban os cregos
cando inventaron a misa.
Tamén aparece en:
As palabras dos galegos |
Para facer unha nova busca, preme aquí.