Ferreiro
INFORMACIÓN
| Título: | Ferreiro |
| Disco: | Cantarolas pra xente miúda (1986) |
| Letra: | Xosé Neira Vilas |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Boura o ferreiro na zafra,
boura no ferro,
i escintilan as muxicas
tras do martelo.
Bufa o barquín bufandeiro,
bufa e rebule,
as ferraxes amolecen
co arder do lume.
Trafego ledo na forxa,
trafego vello.
Serei ferreiro algún día
pra bater ferro.

Para facer unha nova busca, preme aquí.