Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Foliada de Carramales


INFORMACIÓN

Título:Foliada de Carramales
Disco:Apaga o candil (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Carmela berrou con Chito
na corredoira de abaixo,
porque lle tirou dun toxo
que levaba no refaixo.

Dame Carmela un bico pequeno.
Non cho dou Xaquenciño, téñoche medo,
téñoche medo, téñoche medo.
Si non mo das, Carmela, xa non te quero.

Na casa de Carmela
e biqueina na lareira,
doume unha pucha de figos
que foi buscar á figueira.

A que sei que tes antoxos,
non veñas con arrodeos,
non penses que teño toxos
pra quentar fornos alleos.

Para facer unha nova busca, preme aquí.