Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Foliada de Portonovo


INFORMACIÓN

Título:Foliada de Portonovo
Disco:Vai de roda en roda (1998)
Letra: Popular
Música:Popular
Voz:Suso Vaamonde / Colectivo Trebón

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Rapaciña si vas á beiriña do mar,
non te fíes do vento mareiro,
que a lanchiña que vai
pola ría a pescar
co ventiño pode naufragar.

Eu pasei o Portonovo
nunha lanchiña motora,
fun solteiro e vín casado,
meu ben, máis valera que non fora.

O crego vendeu a burra
por non lle dar a cebada,
agora vai ós enterros,
meu ben, a cabalo da criada.

Se queres que brile a lúa
pecha os ollos, meu amor,
que mentres os tes abertos,
meu ben, a lúa pensa que hai sol.

Para facer unha nova busca, preme aquí.